MANAGEMENT DE ARTISTAS

Hermanager producións

Alberte Montes


Alberte Montes é actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada. Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ao mesmo tempo que ampliaba os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown ou loita escénica. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual ten representado espectáculos en varios teatros de Barcelona como Teatreneu ou Teatre Llantiol.

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunhas delas premiados a nivel nacional (2OS), nas longametraxes REC 4 de Jaume Balagueró e El olivo de Icíar Bollaín. Colaborou en programas televisivos da produtora El Terrat como Salvados, Buenas noches y Buenafuente ou En el Aire e noutros da Televisión de Galicia como A Solaina, Tourilandia e recentemente Land Rober  e Luar.
 
No 2016 foi un dos actores principais na súa primeira ficción televisiva para esta canle autonómica, "Augasquentes". Alberte encarnaba ao avogado Quique e a serie foi producida por Ficción Producciones; e no 2018 foi un dos actores protagonistas da exitosa serie “Fariña”, ficción producida por Bambú Producciones para Antena 3 na que lle deu vida ao narco arrepentido Manuel Padín.
 
Do 2016 ao 2019 foi colaborador habitual nos programas “Los lunes al Gol” e “Los Infiltrados” na canle televisiva GOL.
 
En radio traballou no 2019 e neste 2020 como colaborador, baixo a dirección de Roberto Sánchez, no programa “La Ventana” da cadena SER -durante os meses de xullo e agosto-.
 
Acumula máis de 1.000 actuacións en directo como monologuista profesional nos seus once anos de carreira, coincidindo no escenario con artistas como Ignatius, Luís Álvaro, Álvaro Velasco, Albert Boira, Toni Moog ou Carlos Blanco. Formou parte do elenco de cómicos da coñecida canle Comedy Central, onde gravou dous monólogos propios para o programa Central de Cómicos.
 
Recentemente participou na serie "Do dereito e do revés", unha ficción de Think First e CTV para a TVG.

Alberte Montes
Compartir en