EVENTOS

Hermanager producións

FILIPA COS CONTOS


Espectáculo infantil de contacontos.
Duración: 50-60 minutos

FILIPA COS CONTOS

Sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar.

Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.

A música en directo, as cancións, os contos cantados... animan á participación do público. Unha mestura que vai acadando a atención dun público familiar. Sesión “filipante” de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público. Unha sesión de narración oral entre os dous contadores que se suben a escena: Fran e a súa amiga Filipa.


Espectáculo creado pola Compañía Bandullo Azul.

FILIPA COS CONTOS
Compartir en