EVENTOS

Hermanager producións

FILIPA COS CONTOS


Espectáculo infantil de contacontos.
Duración: 50-60 minutos

MAR ADIANTE! FILIPA COS CONTOS
Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia.
Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no “Día das Letras Galegas”, María Vitoria Moreno, e á súa obra narrativa “Mar adiante”. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.

E para completar o espectáculo, historias e contos do repertorio tradicional e popular. Contos “filipantes”, “contos cantados” acompañados da guitarra e xogos co público. Fran Campos e Filipa, e cada un ao seu xeito, farán posible unha sesión de contos dirixida a un público familiar e participativo; tanto cativos como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares.

Espectáculo creado pola Compañía Bandullo Azul.

FILIPA COS CONTOS
Compartir en