EVENTOS

Hermanager producións

Felipe Díaz 'CAXOTO'


Felipe Díaz, máis coñecido por "Caxoto", é narrador. Ligado ao espazo escénico dende hai anos, entra en contacto coa oralidade ao chegar á Editorial Kalandraka onde asumiu o reto de ser contador nunha campaña de animación á lectura que o levou por colexios de toda a xeografía galega. 

Dende aquela Caxoto percorre toda a xeografía galega, e parte do territorio 'alén do rego das patacas', cun amplo abano de espectáculos dirixidos, preferentemente a público infantil e familiar.

Na actualidade é contador de referencia en concellos como A Coruña, Lugo, Vigo, Oleiros, Arteixo, Narón... e nos últimos anos participou e participa en Festivais de Narración oral moi recoñecidos entre os que destacan: o “Maratón de los Cuentos (Guadalajara)", “La senda del cuento (Toledo)”, “Festival Atlántica (Compostela)”, “Festival EVA (Madeira-Portugal)” ou “Falando a boca chea (A Coruña)”.

Felipe Díaz 'CAXOTO'
Compartir en