EVENTOS

Hermanager producións

GALEGO PODE SELO CALQUERA...


Monólogo cómico-teatral do actor Alberte Montes indicado para público adulto.
Duración aproximada: de 80 a 90 minutos.

Ser galego é doado? Depende.
Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas.

Ata non hai moito pensábase que a baixa autoestima dos galegos era crónica pero Alberte Montes demostraranos dende o humor que non é así. Este mal ten cura e poderedes comprobalo.

Ser galego non é só pararse na escaleira e facer crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos, para ser galego hai que reunir moitas máis aptitudes... entre elas, falar con orgullo a lingua de Rosalía.


Espectáculo dispoñible en galego.

RESEÑA ARTÍSTICA de ALBERTE MONTES

Formado no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona, segue ampliando os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, cásting, clown ou loita escénica.
 
En teatro acumula máis de quince anos como profesional, xirando por España –sendo Galicia a comunidade onde máis traballou-- en compañía e con espectáculos propios de stand up comedy. Neste xénero de comedia cómpre dicir que formou parte do elenco de cómicos da canle Comedy Central, onde gravou varios monólogos para o programa Central de Cómicos.
 
En Radio ten unha dilatada experiencia como colaborador e director de programas de entretemento en diferentes radios de Barcelona e ten colaborado no programa LA VENTANA da Cadena Ser os meses de verán dos anos 2019, 2020 e 2021. Dende hai dous tamén protagoniza, xunto a Silvio Falcón, o podcast ‘BUENO CARALLO BUENO’.
 
En televisión ten colaborado en programas televisivos da produtora El Terrat como SalvadosBuenas noches y Buenafuente ou En el Aire e noutros da Televisión de Galicia como A SolainaTourilandia e Luar. Nesta canle protagonizou as series de comedia DO DEREITO E DO REVÉS e AUGASQUENTES.
 
En cinema participou en BIRD BOX, película de Álex e David Pastor. Púidoselle ver tamén noutras como EL OLIVO de Icíar Bollaín ou REC 4 de Jaume Balagueró. Interveu ademais en VIDA PERFECTA ou MATAR AL PADRE, ambas as de Movistar+. Actualmente forma parte do elenco de EL PUEBLO (Amazon/Telecinco) e foi un dos protagonistas da serie FARIÑA (Netflix/Antena3).
 
Alberte Montes tamén é guionista, director e locutor.

GALEGO PODE SELO CALQUERA...
Compartir en