MANAGEMENT DE ARTISTAS

Hermanager producións

Representación


Alberte Montes

Alberte Montes

Alberte Montes é actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada. Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ao mesmo tempo que ampliaba os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown ou loita escénica.A súa xuventude non foi impedimento para que acumule xa unha dilatada experiencia en teatro profesional, infantil e de rúa. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual ten representado espectáculos en varios teatros de Barcelona como Teatreneu ou Teatre Llantiol.

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algúns deles premiados a nivel nacional (2OS),  e nas longametraxes REC 4 de Jaume Balagueró e El olivo de Icíar Bollaín. Colaborou en programas televisivos da produtora El Terrat como SalvadosBuenas noches y Buenafuente ou En el Aire e noutros da Televisión de Galicia como A Solaina e Tourilandia.

No 2016 foi un dos actores principais na súa primeira ficción televisiva para esta canle autonómica, "Augasquentes". Alberte encarnaba ao avogado Quique e a serie foi producida por Ficción Producciones. No 2018 foi "Manuel Padín" na serie “Fariña”, producida por Bambú Producciones para Antena 3.

Dende a tempada pasada é colaborador habitual os luns no programa “Los lunes al Gol” e esta tempada tamén participa en "Los Infiltrados" de luns a venres; ambos programas da canle televisiva GOL.
 
En publicidade protagonizou o spot da coñecida aplicación Catarrator para a marca Frenadol dirixido por Ernesto Sevilla e ten participado en varias campañas para a entidade ABANCA  e para a empresa MAHOU.  
 
Acumula máis de 1.000 actuacións en directo como monologuista profesional nos seus oito anos de carreira, coincidindo no escenario con artistas como Ignatius, Luís Álvaro, Álvaro Velasco, Albert Boira,Toni Moog ou Carlos Blanco. Percorreu gran parte do territorio nacional e na actualidade forma parte do elenco de cómicos do canal Comedy Central, onde xa gravou dous monólogos para o programa Central de Cómicos.

Damián Varela 'MAGO DEIMI'

Damián Varela 'MAGO DEIMI'

Damián Varela é "Mago Deimi".

Natural de Ribadavia (Ourense) tivo a afección da maxia dende cativo, unha paixón que lle está acompañando toda a vida e así se pode comprobar en calquera dos seus espectáculos.Formación adquirida con grandes mestres e tamén de forma autodidacta para ir, co paso dos anos, adquirindo unha personalidade propia e deixando unha impronta característica nos seus espectáculos.

Damián Varela foi a máis cos anos e ademais de mellorar a técnica adquiriu unha empatía e unha forma de facer chegar a maxia moi humorística. Tal é así que de actuacións privadas ou eventos, pasando por actuacións en Salas e Teatros está metendo a cabeza xa no terreo audiovisual. Ten realizado interesantes colaboracións en programas da Televisión de Galicia como "Entre nós", "Máis Retranca" e incluso unha aparición na coñecida serie "Pazo de familia". Actualmente está gravando para a mesma canle o programa "Cámara Gags" da coñecida Produtora CTV que se emitirá a principios de 2018.

En canto á posta en escena, Mago Deimi ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións...

E todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público.