Presentación
Somos un equipo creativo competente, dinámico e moi eficaz, con experiencia en pequenos formatos de humor e lecer gracias á nosa traxectoria profesional no mundo da radio, da prensa (convencional e dixital) e da internet. Temos experiencia na organización de eventos, no management e a xestión de colaboradores externos para poder ofrecer aos nosos clientes aquilo que precisen con total garantía de eficiencia e profesionalidade. Paralelamente ofrecemos tamén asesoría e formación especializada en temas de Propiedade Intelectual.

A meta principal de Hermanager Producións é, sen dúbida algunha, poder satisfacer as necesidades puntuais que teñan os nosos clientes para cubrir espazos de humor e atender consultas relacionadas cos Dereitos de Autor.


EQUIPO

Xerente: Xosé Manuel Fernández Montes

Delegado Principal: Alberte Montes  

Colaboradores: actores e humoristas, presentadores, animadores infantís, magos, músicos, deseñadores, ilustradores, creativos, escritores, guionistas, etc.