MANAGEMENT

Hermanager producións

Asesoría Artística



Ademais da representar de forma directa e persoal a artistas aos que lles levamos axenda, contratacións e asesoramento xurídico, estamos abertos á posibilidade de asesorar a outros artistas, sexan ou non colaboradores de Hermanager Producións.

Aproveitando os nosos coñecementos xurídicos e artísticos ofrecemos un servizo de asesoramento para casos ou situacións puntuais pero tamén para relacións a medio ou longo prazo. Atendemos consultas específicas e puntuais pero tamén contratamos servizos de asesoria con carácter anual.

Calquera particularidade do mundo artístico referido a aspectos xurídicos pode ser abordada por Xosé Manuel Fernández Montes, licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona e Especialista Universitario en Propiedade Intelectual e Marcas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Se tedes interese nalgún servizo e/ou queredes ampliar información podedes contactar con nós sen ningún compromiso.