EVENTOS

Hermanager producións

APREN-DEIMI


Obradoiro de maxia + actuación, proposta indicada para público familiar
Duración: 100-110 minutos


MAGO DEIMI
Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números. Interacciona moito e ben co público grazas á súa simpatía e ao recurso constante do humor.
 
OBRADOIRO DE MAXIA

Pensado para nenos pero no que tamén poden participar os pais.
A intención é achegar a maxia e o ilusionismo aos máis pequenos facendo que eles non sexan meros espectadores senón que interveñan no proceso e incluso aprendan a facer algún números.
Resulta un exercicio moi divertido e que axuda ademais a potenciar a psicomotricidade, a creatividade e a comunicación.
 
VIDEO do Mago Deimi nunha festa infantil de Nadal: 

http://www.youtube.com/watch?v=MRpCWRdz9j4
 
Obradoiro pensado para uns 15-20 nenos.
Duración: 30-40 minutos 
 
ESPECTÁCULO DE MAXIA

Número de maxia que abarca as diferentes ramas da maxia como son: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo, .... Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.

Duración: 60 minutos

Dispoñible en galego e en castelán.


Descargar Dossier





 

APREN-DEIMI
Compartir en