EVENTOS

Hermanager producións

A.M.E.N.


Espectáculo de humor irreverente exclusivamente para público adulto.
Duración aproximada: de 80 a 90 minutos.


A.M.E.N.  Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas
 
É unha mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo... O Padre Merino, coñecido antes como “Josito”, tivo unha dura infancia e peor xuventude. Problemas na casa, na escola (nunca foi bo estudante), adicción ó alcohol, (chegou a beber “Don Simón” e “Gin Larios” a pelo), ás drogas, (psicotrópicas e das outras), ó sexo, (ás veces incluso o chegou a facer con persoas)…

Ata que un día atopou a Luz cando lle cae nas mans un libro do agora admirado Juan Pablo II. Ingresou, estudou e ordenouse sacerdote e como el di: “soldado do señor”. Imparte a súa doutrina e sagrado maxisterio alá por onde o chamen. A súa misión, apartarnos do mal e levarnos polos sendeiros da boa vida, a auténtica “vida Padre”...

O Padre Merino, achégase unha vez máis a vós para amosarnos a Palabra da nosa Santa Madre Igrexa. Tentará guiarnos polo bo camiño grazas a unhas novas cruzadas ideadas polo Papa Rating..., Zarting..., Marzing… Benedicto XVI. 

Dispoñible en galego e en castelán. 

 

 

A.M.E.N.
Compartir en