EVENTOS

Hermanager producións

QUE ANOS AQUELES!


Monólogo cómico indicado para público adulto.
Duración aproximada: de 80 a 90 minutos

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado.

Xan Veiga tráenos á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

Ao longo do espectáculo ponse en valor o galego como lingua recorrendo ao inspiradora e útil que nos resulta para comunicarnos e para manexar a nosa ferramenta principal: a retranca.

Este humorista de Arzúa estivo no Luar da TVG máis de sete anos contando contos e chistes co cal a experiencia no mundo da narración oral e os recursos para facer rir non lle faltan. Dende hai uns anos arrimoulle experiencias e anécdotas á súa vivencia persoal e creou este texto que resulta unha simpática e retranqueira volta aos 80 co galego sempre presente nesa experiencia vivencial.

Dispoñible en galego.

QUE ANOS AQUELES!
Compartir en