MANAGEMENT DE ARTISTAS

Hermanager producións

Damián Varela 'MAGO DEIMI'


Damián Varela é "Mago Deimi".

Natural de Ribadavia (Ourense) tivo a afección da maxia dende cativo, unha paixón que lle está acompañando toda a vida e así se pode comprobar en calquera dos seus espectáculos.Formación adquirida con grandes mestres e tamén de forma autodidacta para ir, co paso dos anos, adquirindo unha personalidade propia e deixando unha impronta característica nos seus espectáculos.

Damián Varela foi a máis cos anos e ademais de mellorar a técnica adquiriu unha empatía e unha forma de facer chegar a maxia moi humorística. Tal é así que de actuacións privadas ou eventos, pasando por actuacións en Salas e Teatros está metendo a cabeza xa no terreo audiovisual. Ten realizado interesantes colaboracións en programas da Televisión de Galicia como "Entre nós", "Máis Retranca" e incluso unha aparición na coñecida serie "Pazo de familia".

Actualmente estase emitindo nesta mesma canle o programa "Cámara Gags" da coñecida Produtora CTV no que Damián Varela forma parte do elenco de actores que participan nos Gags.

En canto á posta en escena, Mago Deimi ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións...

E todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público.

Damián Varela 'MAGO DEIMI'
Compartir en