EVENTOS

Hermanager producións

CARTA DE AJUSTE


Espectáculo musical trufado con humor a cargo de David Taboada e Iván Valdés. Indicado para público adulto pero adaptable.
Duración aproximada 80-90 minutos.

Carta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

Os seus insensatos compoñentes, David Taboada e Iván Valdés, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimirán no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levará a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

Moito máis que un concerto

Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, Carta de Ajuste articula un show no que comedia e música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do espectador en todo momento e atrapando a quen se achega nunha festa disparatada pero dentro dun orde.

Este dueto presenta unha formación pouco usual tendo en conta o repertorio que defenden. Unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces confiren ás versións adaptadas un son peculiar e característico que sorprende, abordando dende un punto de vista diferente cancións que levamos escoitando toda a vida.

Espectáculo dispoñible en galego ou en castelán.

 

CARTA DE AJUSTE
Compartir en