EVENTOS

Hermanager producións

QUIMERA


QUIMERA é unha viaxe onírica que nos achega, a traverso da fantasía, a un mundo de ilusión. Un tránsito entre o real e o imaxinario que anima ao personaxe a alcanzar eses soños ocultos que sempre tivo por inalcanzables.

Soños nos que unha escaleira pode chegar a converterse nunha perfecta compañeira de baile, en amante, esposa e nai duns fermosos nenos-escada. Soños onde o amor convértese en motor das nosas vidas.

Gabriel Prada (protagonista) 


Actor valdeorrés que comezou a súa andaina interpretativa formando parte da Compañía de teatro amateur Gargallada teatro realizando diferentes espectáculos. Destacou no traballo que fixo na obra de teatro “A abraiante vida de Braian” no papel de Braian, facendo a partires deste momento espectáculos unipersoais como por exemplo “A última cinta de Krapp” de Samuel Beckett.

Nesta época coñeceu ao actor galego Paco González, membro da Compañía alemá Familie Floez, co que fixo un curso de formación de clown. O seu "feeling" xermolou na idea de crear o espectáculo “Quimera“, show que tivo na dirección a Paco González. Dende ese momento -no ano 2013- ata hoxe, a obra percorreu festivais internacionais e diferentes circuítos galegos. 

Espectáculo para público familiar, dispoñible en galego e en castelán.

 

QUIMERA
Compartir en