MANAGEMENT DE ARTISTAS

Hermanager producións

GABRIEL PRADA


Actor galego que comezou a súa andaina interpretativa formando parte da Compañía de teatro amateur Gargallada teatro realizando diferentes espectáculos. Destacou no traballo que fixo na obra de teatro “A abraiante vida de Braian” no papel de Braian, facendo a partires deste momento espectáculos unipersoais como por exemplo “A última cinta de Krapp” de Samuel Beckett.

Nesta época coñeceu ao actor galego Paco González, membro da Compañía alemá Familie Floez, co que fixo un curso de formación de clown que xermolou na idea de crear o espectáculo “Quimera“ baixo a dirección de Paco González.

Esta obra foi seleccionada no festival Agustín Magán e percorreu a maior parte do circuíto amateur galego. Pasou a formar parte como asociado de Escenamateur e é seleccionada por esta para representala no Festival International de Oujda (Marrocos ). Percorre diferentes festivais internacionais: Festival International du theatre de Fes (Marrocos ), 25 Festival Internacional Susana Alexander en Puebla (Mexico ), 2º Festival International du theatre Amateur en Agadir (Marrocos ), 50º Festival National du theatre Amateur en Mostaganem (Arxelia ), Rencontres Amateur du Theatre en Bourg en Bresse ( Francia ) e 10º Internacional de Paysandú (Uruguay ). Á volta deste último Festival pasa a actuar co espectáculo no circuíto teatral de Bos Aires. No medio deste periplo, e ante a enfermidade do seu mestre e amigo, crea a obra “Estación Sombrío” -homenaxe a Paco González- coa que volve percorrer o circuíto galego.

A súa traxectoria coma afeccionado remata con “Diario dun tolo“ de Nicolai Gogol. Durante este tempo dedicouse á formación con diferentes pedagogos como Fanny Condado, Jouse García, Christian Escuredo, Mónica de Nut, Tito Asorey, Roi Vidal, Etelvino Vazquez, etc. No 2018 organizou en Valdeorras os Encontros Internacionais de Teatro Paco González.

Estes últimos anos centrouse no mundo do clown e do teatro de máscaras, ademais de formarse no mundo audiovisual. Comezou coa Produtora Sintelobos, fixo interesantes cursos de casting, un deles impartido por Quatrocasting e outro pola coñecida directora de casting Carmen Utrilla, ambos no 2019. O pasado ano formou parte do elenco de dúas curtametraxes, “Huella” de Producciones Sintelobos, e “Sabor a tierra quemada” de Producción Bierzo Aire Limpio.

Actualmente, da man de Hermanager Producións, busca traballar en producións audiovisuais galegas e continúa de xira co seu espectáculo “Quimera” en diferentes circuítos galegos e aberto a contratación tamén en concellos, asociacións e festivais.

 

GABRIEL PRADA
Compartir en