EVENTOS

Hermanager producións

DETÉ


DETÉ é un grupo unipersoal, porque solista soa moi triste, dedicado, dende hai máis de 20 anos, a levar música en directo a onde faga falla.

No escenario, DETÉ vai fluíndo por unha serie case aleatorio de temas, calquera estilo pode pasar o filtro. Haberá (ou non) pop, rock, música de autor, heavy, indie, latino, rumba... en castelán, galego, inglés... todo pode pasar.

O repertorio vén sendo calquera cousa composto no último século (agás Rachmaninov e Reguetón). É como unha gramola estragada.

Polo menos é bo rapaz e toca o que lle piden (máis ou menos). Pódeselle solicitar encargarse dun estilo, unha época, incluso unha temática (por exemplo, só cumbias dos 60 que falen de Cuenca). Aínda que recomendamos outras opcións.

Tamén se pode escoller o instrumento: Guitarra ou Piano. Co piano vólvese máis serio e toca baladas, clásicos do pop e do rock, cousiñas de cantautores, folk, jazz... á carta.

Vale para rotos e descosidos, segundo o modo no que se lle active, pode dar un fermoso recital para escoitar sentado ou incluso ceando... ou tamén pode facer que a xente acabe enriba das mesas. O que a organización pida (e consinta), xa dixemos que era bo rapaz.
 
 

DETÉ
Compartir en