EVENTOS

Hermanager producións

DJ RAFA


Rafa Aguiar é un coñecido locutor radiofónico e animador musical.
 
Coa súa Discomóbil e unha selección de temas musicais moi variada, divertida e sorprendente, este  pinchadiscos monfortino fai un percorrido moi especial por aqueles míticos 80-90.

Non estamos diante dun DJ que se limita a poñer música, Rafa é diferente, interactivo, dinámico, eléctrico... caracterízase para algúns dos temas musicais e atende peticións do público.
 
Unha sesión musical moi divertida, garantía de entretemento e bo rollo. Ideal para sesións vermú, cócteles, festas privadas, aniversarios e celebracións varias...  
 
DJ Rafa conta cunha longa traxectoria como técnico de son, locutor e pinchadiscos. Traballou moitos anos na CADENA SER de Monforte e actualmente é o responsable da emisora dixital Radio Monforte.
 

DJ RAFA
Compartir en