Son ÁNGELES GOÁS. Nacín nun pequeno barrio de Abadín, provincia de Lugo. Cheguei a este mundo con présa, coma se algo me urxira, sen saber moi ben o que… A tía Victorina e a mamá Flor, andaban por alí de cando en vez, e contáronme os meus primeiros contos. Tanto me gustaron que peguei o pedir un conto na miña boca.
Souben axiña que viñera ao mundo para escoitar porque cando o facía, nada me urxía e dediqueime so a iso. Escoitaba a coñecidos e descoñecidos, aos vellos e non tan vellos, aos parentes que viñan de lonxe e aos de preto, aos meus amigos, aos veciños…
Un día, o Gonzalo de Goás foi acompañar á Angelina da Lamagrande dende a feira de Gontán ata Romariz. E foron todo o camiño calados e, cando chegaron, el mirou para ela e díxolle: “Oes, do que falamos... nin palabra!”.