Con humor “do noso” e unha perspectiva única, Xan mergúllase nun mar de situacións incribles, dende desventuras absurdas ata malentendidos hilarantes ou encontros inesperados.
Historias milenarias esfiañadas que son retecidas coas agullas do humor e que se mesturan con chistes contados a modo de historias, levando á audiencia de paseo por unha corredoira chea de xiros e reviravoltas divertidas onde o real e o imaxinario únense de tal xeito que son difíciles de diferenciar.
XAN VEIGA
Xan Veiga é humorista, monologuista, conta chistes, conta contos, ventrílocuo, actor, presentador... e non necesariamente nesa orde.
Participou en concursos de televisión tanto a nivel nacional (“No te rías que es peor” en TVE) como a nivel autonómico (“Supermartes” na TVG) e deuse a coñecer pola súa faceta de conta chistes no programa en directo máis antigo da televisión española (“Luar” - TVG). Neste último foi colaborador durante sete anos.
Tamén fixo de co-presentador no programa “Contando Estrelas” (TVG) e foi un dos escollidos para a elaboración da cabeceira do programa “Buscando Estrelas” (TVG).