
PATRÓN
PATRÓN é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega. Ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten.Alberte vaise facendo maior e cre estar entrando nun proceso de “empatronamento”....

DOC MAGOO'S
Doc Magoo’s. Unha banda de Rock & Roll.Máis de 20 anos rodando polos escenarios avalan a estes músicos. Unha banda de Monforte de Lemos que versiona aos grandes de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional: Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.
Doc Magoo’s faranvos gozar dun auténtico, potente e puro concerto en directo.
CARTA DE AJUSTE
SinopseCarta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.
Os seus insensatos compoñentes, David Taboada e Iván Valdés, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimirán no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levará a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

QUIMERA
Espectáculo teatral para todos os públicos que nos achega a un mundo de fantasía e ilusión na busca dun obxectivo, facer realidade os nosos soños.Unha posta en escea sobria e unha interpretación xestual de Gabriel Prada que nos transmite emocións sen necesidade de recorrer á palabra. Un exercicio de sensibilidade e tenrura que nos conmoverá...

MAGO DEIMI
Espectáculo de maxia moi dinámico e interactivo dende un enfoque humorístico e desenfadado.Mago Deimi ofrece un repertorio amplo e moi variado de números, domina a técnica e conecta dun xeito especial grazas á súa retranca e aos seus gags. Estes recursos fan posible tamén que o público interaccione e teña o seu protagonismo no show.

QUE ANOS AQUELES!
SinopseMonólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado.
Xan Veiga tráenos á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.
Ao longo do espectáculo ponse en valor o galego como lingua recorrendo ao inspiradora e útil que nos resulta para comunicarnos e para manexar a nosa ferramenta principal: a retranca.