
DETÉ
DETÉ é un grupo unipersoal, porque solista soa moi triste, dedicado, dende hai máis de 20 anos, a levar música en directo a onde faga falla.
No escenario, DETÉ vai fluíndo por unha serie case aleatorio de temas, calquera estilo pode pasar o filtro. Haberá (ou non) pop, rock, música de autor, heavy, indie, latino, rumba... en castelán, galego, inglés... todo pode pasar.
Dous instrumentos e escoller, piano ou guitarra, e dous xeitos de facelo, formal ou desenfadado... para gustos.

ALBERTADAS
SinopseALBERTADAS, así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais.
Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado.

APREN-DEIMI
SinopseEspectáculo 2x1 do MAGO DEIMI: obradoiro + actuación.
Consta de dúas partes diferenciadas, unha primeira na que se realiza un obradoiro moi básico de maxia con números moi simpáticos pensados para os máis pequenos e unha segunda con actuación de maxia en escenario.
Actuación dunha hora para público familiar na que non faltarán nin o humor nin os xogos e números máis sorprendentes.

QUE ANOS AQUELES...
SinopseMonólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado.
Xan Veiga tráenos á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

O MAGO CARLOS
SinopseO Mago Carlos é un mago que sorprense pola súa empatía e sentido do humor. A interacción co público, un ilusionismo sen montaxes espectaculares e grandes doses de retranca son as súas cartas (máxicas) de presentación.
Un espectáculo de maxia e humor moi próximo que entretén e divirte a todos os públicos.

DJ RAFA
Rafa Aguiar é un coñecido locutor radiofónico e animador musical.Coa súa Discomóbil e unha selección de temas musicais moi variada, divertida e sorprendente, este pinchadiscos monfortino fai un percorrido moi especial por aqueles míticos 80-90.