
APREN-DEIMI
SinopseEspectáculo 2x1 do MAGO DEIMI: obradoiro + actuación.
Consta de dúas partes diferenciadas, unha primeira na que se realiza un obradoiro moi básico de maxia con números moi simpáticos pensados para os máis pequenos e unha segunda con actuación de maxia en escenario.
Actuación dunha hora para público familiar na que non faltarán nin o humor nin os xogos e números máis sorprendentes.

DJ RAFA
Rafa Aguiar é un coñecido locutor radiofónico e animador musical.Coa súa Discomóbil e unha selección de temas musicais moi variada, divertida e sorprendente, este pinchadiscos monfortino fai un percorrido moi especial por aqueles míticos 80-90.

Felipe Díaz 'CAXOTO'
Felipe Díaz, máis coñecido por "Caxoto", é narrador. Ligado ao espazo escénico dende hai anos, entra en contacto coa oralidade ao chegar á Editorial Kalandraka onde asumiu o reto de ser contador nunha campaña de animación á lectura que o levou por colexios de toda a xeografía galega.Dende aquela Caxoto percorre toda a xeografía galega, e parte do territorio 'alén do rego das patacas', cun amplo abano de espectáculos dirixidos, preferentemente a público infantil e familiar.
-46.jpg)
MAGO DEIMI: A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS
"Mago Demi: A maxia está nos libros" é un espectáculo de maxia para público familiar cunha duración de 60 minutos.Son números de maxia sorprendentes e variados relacionados co mundo da lectura. Nesta sesión de entretemento trátase de interaccionar cos rapaces para que entendan a lectura como unha experiencia máxica e chea de ilusión na que os "pos máxicos" do humor tampouco poden faltar.

DEIXA O MÓBIL E DEBUXA!
Obradoiro de humor gráfico nivel iniciación para nenos e nenas de 6 a 12 anos e cunha duración de 90 minutos.Ao tempo que debuxamos imos aprendendo nocións que axudarán a mellorar as nosas habilidades e liberarnos de presión gozando durante o camiño creativo.
Tamén se ensinarán obras do autor rematadas para comentar cos e coas participantes.

O MAGO CARLOS
SinopseO Mago Carlos é un mago que sorprense pola súa empatía e sentido do humor. A interacción co público, un ilusionismo sen montaxes espectaculares e grandes doses de retranca son as súas cartas (máxicas) de presentación.
Un espectáculo de maxia e humor moi próximo que entretén e divirte a todos os públicos.