
CARTA DE AJUSTE
Carta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.Os seus insensatos compoñentes, David Taboada e Iván Valdés, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimirán no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levará a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

DOC MAGOO'S
Doc Magoo’s. Banda de Rock & Roll.Máis de 20 anos rodando polos escenarios avalan a estes músicos. Unha banda de Monforte de Lemos que versiona aos grandes de todos os tempos.
Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional. Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.
Doc Magoo’s faranvos gozar dun auténtico, potente e puro concerto en directo.

Damián Varela 'MAGO DEIMI'
Damián Varela, "Mago Deimi".Natural de Ribadavia (Ourense) é un apaixoado da maxia dende moi pequeno. Mago moi técnico, con moitas táboas e cun don especial para empatizar co público gracias ao seu gran sentido do humor. Con experiencia en todo tipo de escenarios, pode realizar espectáculos de maxia, presentar e amenizar eventos e incluso participar en programas televisivos.
Ten colaborado en varios programas de televisión e tamén nalgunha serie puntualmente.

GABRIEL PRADA
Gabriel Prada é actor e clow.Comezou a súa andaina interpretativa formando parte da Compañía de teatro amateur Gargallada teatro realizando diferentes espectáculos. Destacou no traballo que fixo na obra de teatro “A abraiante vida de Braian” no papel de Braian, facendo a partires deste momento espectáculos unipersoais como por exemplo “A última cinta de Krapp” de Samuel Beckett.
Estes últimos anos centrouse no mundo do clown e do teatro de máscaras, ademais de formarse no mundo audiovisual. Comezou coa Produtora Sintelobos, fixo interesantes cursos de casting, un deles impartido por Quatrocasting e outro pola coñecida directora de casting Carmen Utrilla, ambos no 2019. Metido tamén no eido audiovisual o pasado ano formou parte do elenco de dúas curtametraxes, “Huella” de Producciones Sintelobos, e “Sabor a tierra quemada” de Producción Bierzo Aire Limpio.