EVENTOS

Hermanager producións

MAGO DEIMI


Mago Deimi é natural de Ribadavia (Ourense) e vive a maxia dende ben cativo, unha afección que non deixou de cultivar ata a actualidade.

Nas súas actuacións ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado.

Tamén cómpre destacar a variedade de xogos que inclúe no seu repertorio e que poden dar para 2-3 espectáculos diferentes: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, maxia con animais (coello, peixes...), desaparicións, transformacións... Todo acompañado de gags, moi bo humor e música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ao facer partícipe ao público, o espectáculo de maxia faise máis crible e inesquencible para os asistentes.

Ademais da contrastada experiencia que demostra nos seus espectáculos de maxia en escenario, Deimi tamén ten experiencia en televisión, medio no que ten participado en varios programas, o máis recente un de cámara oculta, "Camara Gags" (TVG).

Espectáculo dispoñible en galego e en castelán.

MAGO DEIMI
Compartir en