Aviso Legal

Hermanager producións

Aviso Legal


DATOS DA EMPRESA
Xosé Manuel Fernández Montes / 34263382-Y.
Ronda M.Emilia Casas Baamonde. 27400 Monforte de Lemos (Lugo).
 
LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, artigo 10, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que os dominios www.hermanagerproducions.com e www.hermanagerproducions.gal a partir de agora SITIO WEB está rexistrado a nome de Xosé Manuel Fernández Montes en diante O TITULAR.
 
DATOS DO PROPIETARIO DO SITIO WEB
RAZÓN SOCIAL: HERMANAGER PRODUCIÓNS
NOME: Xosé Manuel Fernández Montes / 34263382-Y
DIRECCIÓN: Rda. M. Emilia Casas Baamonde S/N BL 2 2º B CP: 27400
LOCALIDADE: MONFORTE DE LEMOS
PROVINCIA: LUGO
PAIS: ESPAÑA
 
CONDICIÓNS DE USO
De conformidade coa LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 34/2002 o usuario accede a recibir comunicacións de forma periódica no seu correo electrónico.
Se desexa deixar de recibir comunicacións electrónicas de contido comercial e/ou informativo deberá comunicalo por correo electrónico dirixido a xosemanuel@hermanagerproducions.com

I.- Usuarios/as
O acceso a e/ou uso do sitio web de WWW.HERMANAGERPRODUCIONS.COM (ou calquera outro mencionado no apartado 1 deste aviso) atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do SITIO WEB.

II.- Uso do sitio web, os seus servizos e contidos
O/a usuario/a comprométese a utilizar o SITIO WEB e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido, o uso do SITIO WEB con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do mesmo.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/ as titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/ as titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do SITIO WEB por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/as usuarios/ as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao mesmo.
III.- Modificación unilateral
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do SITIO WEB..

IV.- Hiperenlaces
O establecemento de calquera "hiperenlace" entre unha páxina web e o SITIO WEB estará sometido ás seguintes condicións:
  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do SITIO WEB.
  • Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende que se realice o "hiperenlace" nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

V. Exclusión de Garantías e responsabilidade
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:
  • A falta dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do SITIO WEB e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez do SITIO WEB e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer as necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/as usuarios/ as, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do SITIO WEB, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/as usuarios/as no SITIO WEB.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do SITIO WEB.
VI. Duración
A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do SITIO WEB ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. Propiedade Intelectual
A propiedade intelectual dos contidos deste SITIO WEB correspóndelle a Hermanager  Producións e/ou aos seus colaboradores. Calquera acto de reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública dos mesmos deberá contar coa autorización expresa dos seus titulares. Así mesmo, calquera uso, aínda que non sexa comercial, deberá citar a autoría do material que se comparte e difunda.
Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario/a ou un terceiro/a considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no SITIO WEB, deberá notificar dita circunstancia a xosemanuel@hermanagerproducions.com  indicando:
  • Datos persoais da persoa interesada titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta un terceiro/a distinto da persoa interesada deberá indicar a representación coa que actúa.
  • Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización no SITIO WEB.
  • Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
  • Declaración expresa na que o interesado/a se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros/as é da exclusiva responsabilidade dos/as mesmos/as.

VIII. Lexislación aplicable e Xurisdición
As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española.
HERMANAGER PRODUCIÓNS e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do SITIO WEB e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No caso de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, HERMANAGER PRODUCIÓNS e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de MONFORTE DE LEMOS.
 
RESPONSABILIDADES
Exención de responsabilidade:
O TITULAR non se fai responsable do contido das páxinas web á que os/as USUARIOS/USUARIAS acceden a través do servizo de Buscador, así como calquera contido publicado polos seus USUARIOS/AS facendo uso do resto de servizos aquí descritos, e en especial do uso que os seus USUARIOS/AS fagan que sexan contrarios á lei, a moral e á orde pública, que infrinxan dereitos de propiedade intelectual, industrial ou conteñan calquera vicio, defecto, virus informático ou rutina de software similar.
O TITULAR non se responsabiliza polos danos e prexuízos de toda natureza que se deban a:
  • Dada a gratuidade dos servizos ofrecidos polo sitio web, a falta de dispoñibilidade e continuidade polo funcionamento, utilidade e fiabilidade dos Servizos e do SITIO WEB.
  • A alteración da privacidade e seguridade na utilización e contidos do SITIO WEB e dos servizos por terceiros/as alleos aos mesmos de acordo co réxime legal vixente.
  • A presenza de virus ou a presenza doutros elementos falsos nos servizos ofrecidos por terceiros/as a través do SITIO WEB que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.
  • Á falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos contidos ofrecidos por terceiros.
  • A falta de licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos dos servizos ofrecidos por terceiros/as a través do mesmo.
  • A utilización dos Servizos, do SITIO WEB e os contidos polos/as USUARIOS/AS.
  • A información, contidos e servizos aloxados fóra do SITIO WEB, aínda que fosen accesibles desde este.
  • A falta de dispoñibilidade e continuidade polo funcionamento, utilidade e fiabilidade dos Servizos e do SITIO WEB de terceiros colaboradores do TITULAR.